O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas é pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables para o seu autoconsumo, no eido da bioconstrución, e no tratamento alternativo dos residuos.
O Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no que están presentes administracións e representantes dos colectivos cidadás, leva sen reunirse dende o 21 de xullo de 2005. Este organismo, que debe convocarse como mínimo dúas veces ao ano, é chave para garantir unha correcta xestión do Parque Nacional e permitir a interlocución dos sectores sociais coa administración do parque, agora competencia da Xunta.
Os pasados días 29 e 30 de novembro ADEGA celebrou a súa XXXIII Asemblea Xeral. Baixo o lema COMPROMETID@S COA TERRA! fixemos repaso das principais actividades desenvolvidas pola asociación na pasada xeira e debatemos as prioridades de traballo para a vindeira. Deste xeito, damos continuidade a un traballo de máis de 30 anos coa defensa do patrimonio natural e cultural do país. Fronte ao modelo de ecoloxismo domesticado e acrítico patrocinado dende as institucións a golpe de talonario, reafirmamos o compromiso insubornábel de ADEGA co país e coa Terra, máis necesario que nunca nestes momentos de crise.