Texto

CURUXARALLYE®, desde 2003 o Punto de Información do Automobilismo

Sordo e Vallejo en Xapón: "Correremos todo o que poidamos antes de que chova"

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

Thumbnail image

Hoxe deu inicio o Rallye Xapón, décima proba do mundial, na que Dani Sordo (Citroén C4 WRC) compite coas cores do Citroën Júnior Team.

Ler mais. Sordo e Vallejo en Xapón: "Correremos todo o que poidamos antes de que chova"

 

Sergio Vallejo, subido de novo no 911 GT3

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Avaliación do usuario: / 11
RuínMellor 

Thumbnail image

Sergio Vallejo tivo a oportunidade estes días de volver subir no Porsche 911 GT3 co que logrou o título de campión de España.

Ler mais. Sergio Vallejo, subido de novo no 911 GT3

   

RMC Motorsport - Previo Rallye Príncipe de Asturias

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

RMC aliñará cinco coches no rallye Príncipe de Asturias, sétima proba do Campionato de España de Rallys de Asfalto 2010, e puntuable tamén para o Campionato de Europa (ERC).
A formación de Roberto Méndez estará presente na primeira das dúas citas asturianas do nacional de asfalto cun potente equipo no que se inclúen vehículos de tres modelos diferentes: o Ford Fiesta S2000, os Ford Fiesta R2 e os Mitsubishi EVO X.
A gran novidade está no campo dos Ford, co debut de Víctor Senra e David Vázquez ao volante do Festa S2000 do Nupel Global Team. Para o mozo e rápido piloto galego, que xa demostrou sobradamente a súa velocidade co EVO X N+ de RMC no que vai de tempada, a oportunidade de pilotar por primeira vez un S2000 da competitividade do Festa, e facelo, ademais, nun rally de validez europea, é todo un reto que afronta con enorme ilusión.
Completarán a presenza do Nupel Global Team no Príncipe os Festa R2 de Adrian e César Díaz, e de Marta Suria-Mario González, para os que a proba asturiana será un importante desafío,dada a súa dureza e dificultade.

Thumbnail image

RMC aliñará cinco coches no rallye Príncipe de Asturias puntuable para o Campionato de España de Rallys de Asfalto 2010, para o Campionato de Europa (ERC).

Ler mais. RMC Motorsport - Previo Rallye Príncipe de Asturias

   

Sergio Fombona retorna á competición no seu rallye favorito

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Sergio Fombona retorna á competición no seu rallye favorito
Tras unha longa ausencia dos rallys dende a súa participación a pasada campaña no rally de Ourense, Sergio López-Fombona volve competir este fin de semana con motivo do Rallye Príncipe de Asturias, sétima proba do Campionato de España de Rallys de Asfalto, e valedoira ademais para o Campionato Europa FIA de rallys (ERC).
As crecentes obrigas laborais mantiveron o piloto gijonés afastado da competición na primeira metade da tempada 2010, pero Sergio non podía faltar este ano no Príncipe, un rallye no que sempre se encontrou moi a gusto e que este ano, ademais, a súa cidade natal ten un notable protagonismo. Nas inmediacións de Gijón arrancará precisamente a proba, a primeira hora do venres, coa disputa do tramo de Peón, a zona de asistencia do rallye estará situada nesta edición nos arredores do Pazo de Deportes de La Guía, e o último reagrupamento da primeira xornada do rally levarase a cabo nun lugar tan emblemático da vila gijonesa como é a Praza do Marqués. Todo iso fará que Sergio vaia ter neste Príncipe, máis que nunca, o apoio próximo da afección da súa cidade.
Fombona, facendo equipo con Agustín Ramos, pilotará no Príncipe 2010 o Nissan 350Z EVO co que realizou xa varios rallys a pasada campaña. Sergio xa se puxo ao volante do potente GT xaponés a semana previa ao rally nuns tests levados a cabo nas inmediacións de Turón, que serviron ao piloto gijonés para empezar a recuperar o ritmo de carreiras e facer as primeiras probas co coche.
Sen competir en todo o ano e coa incógnita de saber se as melloras realizadas no Nissan lle terán permitido alcanzar a fiabilidade da que adoeceu o ano pasado, Sergio afronta o Príncipe con moitas ganas de gozar da pilotaxe nuns tramos cheos de novidades e nos que a súa espectacular condución volverá facer as delicias dos afeccionados. Se, ademais, consegue un bo resultado, sentaríanse as bases para poder completar o que queda de tempada, para o que será necesario tamén conseguir o presuposto necesario, algo nada doado nun ano marcado pola crise económica e o recorte nas partidas destinadas a publicidade por parte da maioría das empresas.

Thumbnail image

Tras unha longa ausencia dos rallys dende a súa participación a pasada campaña no rally de Ourense, volve temporalmente no seu rally favorito.

Ler mais. Sergio Fombona retorna á competición no seu rallye favorito

   

Fran Cima moi ilusionado ante o rally de casa

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Fran Cima moi ilusionado ante o rally de casa
Tras completarse en Ferrol a 'tempada galega' do Campionato de España de Rallys de Asfalto, o certame nacional chega este fin de semana a Asturias, onde se disputarán as súas dúas seguintes probas, o Príncipe de Asturias e o Vila de Llanes.
Para Fran Cima, a primeira delas, o Príncipe, é o rally 'de casa', polo que a súa motivación é máxima nunha proba que puntúa tamén para o Campionato de Europa de rallys (ERC), e que para o piloto ovetense supón o retorno á acción tras un par de meses sen poder apenas competir por falta do presuposto suficiente.
Afortunadamente, o traballo do equipo na busca de novos recursos, que se concretou no apoio recibido por parte de Digicom, permitirá a Fran e o seu copiloto Pablo González ser da partida o venres no Príncipe, de novo ao volante do Mitsubishi EVO X, preparado por RMC segundo as especificacións do grupo N+ do Campionato de España. Con este competitivo vehículo, Cima tratará de manter o seu liderado na Mitsubishi EVO CUP e loitará por recuperar o primeiro posto na copa de España de Grupo N, categoría na que ocupa a segunda praza malia non poder participar en dúas das súas tres últimas probas.
A 47ª edición do Rallye Príncipe de Asturias presenta importantes novidades no seu percorrido respecto ao utilizado en pasadas edicións. Con tramos novos e máis repartidos ao longo da xeografía asturiana, o Príncipe recupera en boa medida o sabor dos rallys 'de antes'. Especiais como as de Villaviciosa ou Morcín se presentan, pola súa lonxitude e dificultade, como dous dos puntos decisivos dun rally que se desenvolverá ao longo de dúas xornadas, iniciándose a primeira hora do venres co novo tramo de Gijón e concluíndo o sábado pola tarde en Oviedo coa tradicional cerimonia de entrega de premios no Paseo do Bombé. Máis información sobre todos os detalles do rallye na súa web oficial www.rallyprincipe.com
CLASIFICACIÓN MITSUBISHI EVO CUP
1 Fran Cima 34
2 Víctor Senra 30
3 Rubén Gracia 29
CLASIFICACIÓN COPA DE ESPAÑA DE GRUPO N
1 Rubén Gracia 129
2 Fran Cima 125
3 Pedro Burgo 122

Thumbnail image

O certame nacional chega este fin de semana a Asturias, onde se disputarán as súas dúas seguintes probas, o Príncipe de Asturias e o Vila de Llanes.

Ler mais. Fran Cima moi ilusionado ante o rally de casa

   

Pablo Rey desexa un cambio de rumbo

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Pablo Rey desexa un cambio de rumbo
Quizais polas características da proba en si, con dous días de duración e puntuable para o Campionato de Europa, ademais de selo tamén para o de España, o Rally Príncipe de Asturias non é a cita máis axeitada para que haxa un cambio na tempada que ata o momento están a realizar Pablo Rey e Miguel Uzal na Copa Suzuki Swift.
"Estamos a ter demasiada mala sorte e os resultados non acompañaron en practicamente ningunha das catro citas celebradas ata agora, nin sequera en dúas das tres galegas. Por iso sairemos en Asturias, onde ademais un boa parte do percorrido é novo, coa idea de que saia ben. No caso contrario é probable que deamos por finalizada a tempada, pois as opcións de ser primeiros ou segundos é moi remota, sendo tamén complicado alcanzar ao terceiro clasificado", comentaba o piloto de Narón antes de iniciar os recoñecementos.
Máis información en www.rallyprincipe.com e clasificacións en www.masrallye.com.
Clasificación provisional - Copa Suzuki Swift (tras a 4ª proba de 7)
1º Ferrán Pujol, 72 puntos
2º Pablo Pazó, 67 puntos
3º Víctor Pérez, 61 puntos
4º Pablo Rey, 46 puntos
5º Aitor Fernández, 38 puntos

Thumbnail image

Pero o Rally Príncipe de Asturias non é a cita mais axeitada para que haxa un na tempada que ata o momento están a realizar Pablo Rey e Miguel Uzal na Copa Suzuki Swift.

Ler mais. Pablo Rey desexa un cambio de rumbo

   

Dani Sordo concentrado en Xapón: "Imos saír coa mesma motivación que en Alemaña"

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Thumbnail image

Tras a fantástica actuación realizada no Rally Alemaña, Dani Sordo e Diego Vallejo encóntranse xa en Sapporo, en Hokkaido

Ler mais. Dani Sordo concentrado en Xapón: "Imos saír coa mesma motivación que en Alemaña"

   

Javier Cousiño e Santyago Martínez, lograron tras moitos problemas ser cuartos na Pirelli Top Ten.

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

 

Javier Cousiño e Santyago Martínez, lograron tras moitos problemas ser cuartos na Pirelli Top Ten.
Se no pasado Rally Sur do Condado, as sensacións foran boas, nesta pasada edición do Rally San Froilán foi completamente o contrario. Cun formato fóra do común nos rallys do galego comezaba a proba na tarde do sábado.
comezabamos os tramos do sábado con cautela, quizais demasiada pero sabiamos que este rally era completamente distinto ao resto había que dodificar esforzos e a mecánica. Quizais esa cautela ao principio foi demasiada e foi un pequeno lastre que intentariamos sacarnos de enriba coa maior celeridade posible, rodando tramo a tramo pasamos por zonas moi rotas que sospeitamos que fosen as causantes do noso primeiro problema neste rally un conato de incendio na chegada á meta de Begonte, onde grazas ao aviso de Kuko Bañobre xa que dende o habitáculo non notabamos nada"
Con ese gran susto no corpo do sábado a xornada do domingo ofrecía cinco tramos cronometrados sendo dous deles a dobre pasada e un a unha soamente. A orde de saída na xornada do domingo era pola clasificación obtida o sábado, polo que Cousiño e Martínez se viron algo atrasados na saída aos tramos.
"No domingo tiñamos que emendar os cronos do sábado e intentamos saír máis fortes pero pensando en que este ano correndo dentro dunha copa como esta, no que non se descartan resultados, isto é unha carreira de fondo. Todo ía mellorando paso a paso ata q no a segunda pasada polo Corgo, chegamos a unha paella onde ao accionar o pedal de freo este non responde, tivemos sorte de que demos corrixido a traxectoria, non danamos o coche apenas soamente un par de rabuñaduras pero sobre todo non atropelamos a ninguén"
"Realizamos todo o tramo sen freos chegando á asistencia a substituír o manguito rachado, supoñemos que debido ás moitas pedras presentes nos tramos, grazas ao labor da asistencia demos substituído o manguito, aínda que penalizando xa que a devandita asistencia era pequena e houbo que purgar os freos dun nun, e nos dedicamos a rodar e coller puntos. Ao final grazas ao abandono de Cal escalamos unha posición que nos gañara tras quedar sen freos e sufrir a penalización".

Thumbnail image

 

Bo premio a un sen fin de contratempos

Ler mais. Javier Cousiño e Santyago Martínez, lograron tras moitos problemas ser cuartos na Pirelli Top Ten.

   

José Lamela asina o seu mellor resultado no nacional

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

José Lamela asina o seu mellor resultado no nacional
Grande actuación a que tivo o piloto compostelán José Lamela o pasado fin de semana durante a segunda reunión do Campionato de España de karting. O circuíto sevillano de Alcalá del Río foi o escenario no que se desenvolveron as carreiras baixo unha intensa calor, logrando Lamela unha fantástica cuarta praza na primeira final, quedando deste modo a un paso do podio.
A competición iniciábase na xornada do sábado cuns adestramentos cronometrados que xa deixaban boas impresións entre os membros do equipo, pois Lamela facía o sétimo crono entre os 44 pilotos inscritos na categoría Cadete, dos cales só 28 clasificábanse para as dúas finais, polo cal o obxectivo era intentar pasar directamente dende as clasificatorias. E así o facía tras finalizar sétimo na primeira e noveno na segunda, polo que quedaba situado na quinta liña da grella.
Unha magnífica saída na primeira carreira permitíalle rodar no grupo dianteiro tras avanzar varias posicións, rematando nunha meritoria cuarta praza, o que tamén lle beneficiaba de cara á segunda, ao partir dende a segunda fila da grella. Non obstante nesta xa non tivo tanta sorte, ao verse superado por varios pilotos ao inicio, caendo ata a novena posición. De todos os xeitos o balance é tremendamente satisfactorio para un piloto que compite por primeira na esixente categoría Cadete.

Thumbnail image

Grande actuación a que tivo o piloto compostelán José Lamela o pasado fin de semana durante a segunda reunión do Campionato de España de karting.

Ler mais. José Lamela asina o seu mellor resultado no nacional

   

Víctor Senra correrá co Ford Fiesta S2000

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Víctor Senra correrá co Ford Fiesta S2000
Xevi Pons participará nun test especial o luns antes do Rally Francia
Madrid/Lugo, 7 de setembro de 2010. - Ante a proximidade da decisiva cita do Campionato do Mundo de Rallys S-WRC en Francia, o Nupel Global Racing Team decidiu concentrar a preparación de Xevi Pons nuns adestramentos privados da man do equipo M-Sport, totalmente enfocados na posta a punto e preparación da proba francesa que se celebrará a finais de setembro. Por esta razón, será o piloto coruñés Víctor Senra o encargado de pilotar o Ford Fiesta S2000 do equipo Nupel Global Racing no 47 Rally Príncipe de Asturias (10 e 11 de setembro).
Luis Moya, apoderado do equipo galego: "Cremos que dar oportunidades a bos pilotos galegos tamén forma parte da nosa filosofía, en especial esta vez que cambiaron os nosos plans para Xevi Pons. Víctor Senra demostrou ser un piloto seguro e que agora poida conducir unha máquina deste nivel é bo para a súa experiencia. En canto a Xevi, e de común acordo con el, cremos e decidido que uns test ben feitos co coche e os mesmos pneumáticos que se empregan no mundial, a poucos días da saída, é moito mellor para a súa preparación que facer un rallye tres semanas antes con outro material, fóra do ambiente e a situación anímica que se encontrará en Alsacia,".
O acordo establecido entre Víctor Senra e o máximo responsable de Nupel, Jorge Dorribo, tamén considera a participación na carreira do mundial de rallys que se disputará a finais de outubro en Cataluña, neste caso cun Festa R2. Víctor Senra: "Todos tivemos que facer un grande esforzo para chegar a este acordo, tanto os meus patrocinadores coma Roberto Méndez e, sobre todo, Jorge Dorribo, que é quen máis fixo por conseguirme esta grande oportunidade. Todos querían verme competir esta tempada cun coche gañador e este momento chegou".

Thumbnail image

Xevi Pons participará nun test especial o luns antes do Rallye Francia antes da devandita proba, para a posta a punto do Fiesta S2000

Ler mais. Víctor Senra correrá co Ford Fiesta S2000

   

Gran resultado de Édgar Vigo e Fátima Ameneiro no Rallye San Froilán

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
GRAN RESULTADO DE ÉDGAR E FÁTIMA NO RALI SAN FROILÁN
Édgar Vigo e Fátima Ameneiro lograron o resultado desexado no pasado Rali San Froilán de Lugo. Nun rali cun formato novidoso, que celebrou os tramos entre a tarde do sábado e a mañá e tarde do domingo, os pilotos feneses conseguiron unha gran adaptación a esta nova configuración.
Trala celebración das dúas primeiras especiais, o equipo fenés atopábase a décimas do primeiro posto do trofeo, ocupando a segunda praza grazas ao scratch obtido no tramo de Begonte. Tras estas dúas especiais, celebráronse as segundas pasadas, xa na noite do sábado e o equipo fenés rematou esta xornada en terceira posición a un segundo do segundo posto e a so 15 segundos do primeiro.
O domingo presentábase coma o día de ataque logrando finalmente o scratch en 2 tramos máis e sitúandose en segunda posición ao remate da carreira. Este resultado ten moito mérito, xa que unha avaría mecánica no 7º e 8º tramo provocou que o seu vehículo quedase no medio destes tramos sen marchas e so engranase a terceira, coa que se completaron as dúas especiais e o enlace ate o parque de traballo. Alí, o traballo maxistral feito por tódolos mecánicos do equipo, conseguiu levar aos feneses ate o último tramo, onde sen quinta velocidade e sen marcha atrás, Édgar e Fátima necesitaban manter os 6 segundos cós que avantaxaban ao terceiro en discordia e o fixeron, marcando o scratch do trofeo e deixando esa diferenza en 9 segundos.
Tras esta carreira, o equipo EVILSCRATCH volta a subir un posto máis na xeral do trofeo, ocupando nestes intres a segunda posición e achegándose moito a primeira, da que so os separan 36 puntos. Despois do accidente no Rali do Cocido de Lalín, que provocaba unha situación moi complicada, a constancia e espíritu de superación do equipo está a conseguir chegar ó final do campionato con tódalas opcións a victoria final.
A próxima proba será o Rali Ourense Baixa Limia, onde o equipo fenés loitará por situarse en cabeza deste certame autonómico e no que teñen postas tódalas súas esperanzas dun fántastico resultado.
Evilscratch competiu neste Rali San Froilán grazas a: Ferralla Lois, Aginsu Maneiro Castro , La llave de Oro, Muebles Rivas , Cumio Viaxes Narón, Parrillada Casa Petra, Perfumería Marta Ameneiro, Asesoría Viabel, Demaux, Autos Pasuco e Fene Motor.

Thumbnail image

Édgar Vigo e Fátima Ameneiro lograron o resultado desexado no pasado Rallye San Froilán de Lugo.

Ler mais. Gran resultado de Édgar Vigo e Fátima Ameneiro no Rallye San Froilán

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Curuxarallye®

Thumbnail image


Últimas galerías publicadas